Esta nova temporada, Sergio González, Coordinador Deportivo de Equipos Federados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ademais de ser o adestrador axudante do Cadete Masculino "A", será o encargado de dirixir ao equipo Júnior Masculino "B".
.
Sergio González comezou a súa andanza como adestrador de baloncesto no noso club na temporada 2003-04. Pouco a pouco foise formando e crecendo como educador e adestrador. A temporada pasada 2006-07 conseguiu un Subcampionato Zonal Alevín co club e un Subcampionato Galego coa Selección Alevín de Vigo, ademais de pechar unha campaña chea de éxitos e logros a nivel persoal. E deste xeito, pouco a pouco, segue crecendo ata o día de hoxe onde ademais de adestrador o Club conta con Sergio como Coordinador Deportivo de Equipos Federados.
.
O Júnior Masculino "B", formado por xogadores na súa maioría de primeiro ano nacidos en 1991, estará ás ordes de Sergio, adestrador que os dous anos pasados xa estivo con este grupo de axudante, pero que este ano teñe a responsabilidade de dirixilo en primeira persoa.
.
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 2003-2004 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Benxamín Masculino "A", Alevín Masculino "A" e Cadete Masculino "A".
- TEMPORADA 2005-06: Alevín Masculino "B" e Cadete Masculino "B".