miércoles, 29 de agosto de 2007

LOITO NO DEPORTE

 
Esta semana o deporte volveu tinguirse de loito cunha desas mortes absurdas e incomprensibles. O xogador do Sevilla FC, Antonio Puerta non puido superar as crises cardiacas que sufriu no primeiro partido da súa competición desta tempada.
.
Cada vez que acontecen novas desta índole, das que temos mostras que nos tocan de ben preto, é cando valoramos o que realmente importa do deporte, non os títulos nin as rivalidades, non os éxitos ou os fracasos, non a vitoria ou os enfrontamentos, só as vivencias, a experiencia, a oportunidade de coñecer persoas que deixarán unha pegada moi importante nas nosas vidas.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere sumarse as multitudinarias mostras de respecto polo xogador internacional, trasladándolle, polo tanto, un fondo pésame á súa familia e achegados, en especial á súa familia máis directa.