jueves, 30 de agosto de 2007

CHARLA TÉCNICA DE ÁNGEL NAVARRO NO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

 
Durante o presente mes de setembro o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará unha serie de charlas técnicas internas para os adestradores e monitores. O obxetivo desta nova iniciativa da Dirección Deportiva é a formación continua de tódolos nosos adestradores e adestradoras, de tal xeito que poidan seguir acumulando novos coñecementos e novas experiencias deste deporte.
 
O encargado de realizar a charla nesta primeria xornada de formación será Ángel Navarro, adestrador con contrastada experiencia no mundo da canastra. Este adestrador de titulación nacional falará sobre "O ataque con espacios", un tema moi amplo e con moitas variantes que Ángel Navarro tratará de plasmar nunha tarde para os nosos adestradores. Nesta conferencia os asistentes poderán coñecer a teoría deste tema pero tamén poderán asistir a un sesión práctica sobre o mesmo co equipo Cadete Masculino "A".
 
Esta xornada de formación terá lugar o próximo domingo 2 de setembro no Colexio Celso Emilio Ferreiro a partir das 17:30 horas.