
Ao longo de todos estes anos na canteira do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Ricardo consegui unha importante formación, unha densa aprendizaxe e numerosos logros entre os que destaca: Campión da Liga Zonal en categoría Alevín, e Campión Autonómico en categoría Infantil, o que fixo posible que xogara un Campionato Interautonómico na temporada 2005-06. Estes éxitos, non fan máis que asentar e admirar o bo traballo de formación que se está a facer na nosa entidade deportiva.
Despois de todos estes anos de traballo e esforzo continuo, este verán do 2007 o Grupo Capitol C.B. Valladolid fixouse no ata entón xogador da nosa canteira, para que formase parte dun club de gran importancia a nivel nacional e cun equipo na máxima competición de baloncesto do país (ACB).
Ricardo García xogará no equipo Cadete de segundo ano e contará nesta nova experiencia e neste novo camiño que vai comezar o próximo 2 de setembro con adestramentos tódolos días, entre os que terá adestramentos de musculación, de grupo e de técnica individual. Ata entón continuará adestrando co que iba a ser o seu equipo nesta temporada, o Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexamos que Ricardo aproveite esta nova oportunidade que se lle presenta no mundo da canastra e queremos darlle a noraboa e desexarlle moita sorte no seu novo club e queremos animarlle a que siga crecendo e formándose como xogador de baloncesto. E non queremos desperdiciar a ocasión para animar a tódolos xogadores e xogadoras do noso club para que sigan traballando, para que non perdan a ilusión polo deporte e para que sigan perseguindo os seus obxetivos.