viernes, 7 de agosto de 2015

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO 5º TORNEO DE BALONCESTO 3X3 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

Os días 21 e 22 de agosto do 2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Quinta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

.

Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3x3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o 5º Torneo de Baloncesto 3x3 como pistoletazo de saída do curso 2015/16.

.

O Torneo 3x3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos o venres 21 de agosto do 2015 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será o sábado 22 de agosto do 2015 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez sexa pechado o prazo de inscrición o próximo día 19 de agosto.

.

Os equipos deberán estar formados por cinco xogadores/as como máximo, tres como mínimo e poderán ser combinados masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato que serán as categorías desta nova tempada 2015/2016. Na Quinta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia haberá premios para os combinados campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximas datas.

.

Inscrición

.

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do próximo mércores 19 de agosto do 2015 indicando:

.

- Nome e categoría do equipo participante.

.

- Nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5).

.

- Responsable do equipo e móbil de contacto.

.

As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza nesta Quinta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.