martes, 4 de agosto de 2015

NOA COMESAÑA, XOGADORA DO CLUB, REGRESA DA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ESPAÑOLA U13

(Noa Comesaña durnate a concentración da Selección U13 Feminina)

.

As xeracións femininas do 2002 e do 2003 concentráronse o pasado venres día 31 de xullo do 2015 por tres xornadas en Guadalajara coa Selección de Formación U13 Feminina, onde os equipos téncicos de traballo apreciaron as cualidades das deportistas dentro da pista e traballaron conxuntamente moitos aspectos técnicos, tácticos e físicos.

 

Na Operación Talento organizada pola Federación Española de Baloncesto estivo presente Noa Comesaña, xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quen demostrou os seus talentos e compartiu unha gran experiencia durante tres días cun total de sesenta xogadoras que formaron parte da Selección Española U13 Feminina.

 

(Noa Comesaña xunto as xogadores galegas presentes na Operacón Talento)

 

(Noa Comesaña coas xogadoras da xeración 2003 convocadas pola FEB)