miércoles, 18 de diciembre de 2013

OS ALEVÍNS "A" DO SEIS DO NADAL PARTICIPARÁN NO X TORNEO DE MINIBÁSQUET "VILA DE MARÍN"

.

O próximo sábado 21 de decembro do 2013 se celebrará o X Torneo de Minibásquet "Vila de Marín" no Pavillón A  Raña para a categoría masculina e no Pavillón Sequelo en categoría feminina, organizado un ano máis polo club Marín Peixegalego e no que participarán dezaseis combinados, oito conxuntos en cada categoría.

.

Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará neste tradicional torneo de Nadal. En categoría masculina o conxunto Alevín Masculino "A", adestrado por David Rodríguez, participará no torneo xunto aos conxuntos Marín Peixegalego, Cluny (Santiago), Canteiras Porriño, BBC (Vilagarcía), Escolas Deportivas Ourense, Básquet Coruña e CB Vilagarcía.

.

En categoría feminina particpará o Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, xunto aos equipos Marín Peixegalego, Cluny (Santiago), Porriño B., Celta (Vigo), Cortegada (Vilagarcía), Estudiantes Lugo e CB Vilagarcía.

 

Os horarios dos partidos da Fase de Grupos que se disputará ao longo da mañá son os seguintes: