lunes, 23 de diciembre de 2013

A FEDERACIÓN GALEGA PROMOVE O CLÍNIC DE SELECCIONADORES: FACER UN EQUIPO DUNHA SELECCIÓN

.

Baixo un formato conxunto que agrupa ponencias, xantar e unha mesa redonda, a Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto presenta "Clínic de Seleccionadores: Facer un equipo dunha Selección".

 

O vindeiro sábado 28 de decembro do 2013, na localidade pontevedresa de Tui, a Federación Galega de Baloncesto reunirá a seis adestradores co especial denominador común de ter integrado, no pasado recente ou no propio presente, corpos técnicos de Seleccións Nacionais ou Autonómicas.

 

Inscrición

 

A posibilidade de inscribirse neste "Clínic de Seleccionadores" está xa aberta e tramitarase unicamente vía e-mail a través de adestradores@fegaba.com.

 

Os interesados en participar deben enviar as súas solicitudes a anterior dirección, na que se asumirán por estrita orde de chegada ata cubrir o límite de 30 prazas marcadas.

 

Unha vez se lles valide a súa inscrición, os asistentes terán que realizar o abono da cota de inscrición (15 euros), cuota que inlcúe as ponencias, o xantar e a mesa redonda, e se fará efectiva en persoa no propio Pavillón de Tui.

 

Validación formativa

 

Este "Clínic de Seleccionadores" conta tamén co alicente da validación de oito horas de formación para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 que asistan ao mesmo.