martes, 2 de julio de 2013

O ALEVÍN FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL - COIA 8º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O equipo Alevín Feminino "A" da tempada 2012/2013)

.

ALEVÍN FEMININO "A"

.

8º CLASIFICADO LIGA ZONAL VIGO

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez, rematou na oitava posición da Liga Zonal de Vigo de categoría alevín feminina da presente tempada 12/13 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O conxunto Seis do Nadal Illas Cíes competiu na primeira fase de grupos no Grupo "A" de Vigo e despois dos oito encontros disputados finalizou na quinta posición cun balance de catro vitorias e catro derrotas. A clasificación do Grupo A foi:

.

(Clasificación final do Grupo A da Liga Zonal Vigo Alevín Feminina)

.

Os equipos clasificado na 4ª, 5ª e 6ª posición do Grupo "A" (EDM / CB Caselas, Seis do Nadal Illas Cíes e CB Baiona Torvigo) clasificáronse para a disputa do 7º ao 12º posto na segunda fase da Liga, xunto aos conxuntos clasificados nas mesmas posicións do Grupo "B" (CB Airexa Nigrán, Colexio Mariano e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro). Despois dos dez encontros disputados nesta segunda fase o Seis do Nadal "A", Seis do Nadal Illas Cíes, rematou na segunda posición do grupo, o que lle converteía no oitavo clasificado da Liga Zonal alevín feminina.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 7º ao 12º posto)

.

O equipo Alevín Feminino "A" do club participou na Copa Primavera Vigo 2012/13 de categoría alevín feminina e estivo encadrado no Grupo 2 xunto a PBB "A", CB Baiona Torvigo, Colexio Mariano, Las Acacias e Miralba. O Seis do Nadal Illas Cíes rematou na segunda posición do Grupo 2 cun balance de catro vitorias e unha soa derrota, sendo a clasificación final a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo 2 Vigo da Copa Primavera Vigo)