miércoles, 3 de julio de 2013

O ALEVÍN FEMININO "B" DO SEIS DO NADAL - COIA 12º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O equipo Alevín Feminino "B" da tempada 2012/2013)

.

ALEVÍN FEMININO "B"

.

12º CLASIFICADO LIGA DE VIGO

.

O Alevín Feminino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, rematou no décimo segundo posto da Liga Zonal de Vigo 2012/13 de categoría alevín feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal Celso Emilio Ferriero competiu na primeira fase de grupos no Grupo "B" de Vigo e despois dos oito encontros disputados finalizou na sexta posición cun balance de tres vitorias e cinco derrotas. A clasificación do Grupo B foi:

.

(Clasificación final do Grupo B da Liga Zonal Vigo Alevín Feminina)

.

Os equipos clasificado na 4ª, 5ª e 6ª posición do Grupo "B" (Airexa Nigrán, Colexio Mariano e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro) clasificáronse para a disputa do 7º ao 12º posto na segunda fase da Liga, xunto aos conxuntos clasificados nas mesmas posicións do Grupo "A" (EDM / CB Caselas, Seis do Nadal Illas Cíes e Baiona Torvigo). Despois dos dez partidos disputados nesta segunda fase o Seis do Nadal "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, rematou na sexta posición do grupo, o que lle converteía no décimo segundo clasificado da Liga Zonal alevín feminina.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 7º ao 12º posto)

.

O equipo Alevín Feminino "B" do club participou na Copa Primavera Vigo 2012/13 de categoría alevín feminina e estivo encadrado no Grupo 1 xunto a CB Airexa Nigrán, CB Tui, EDM/CB Caselas, PBB "B", Pequecelta e Apóstol. O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro rematou na quinta posición do Grupo 1 cun balance de dúas vitorias e catro derrotas, sendo a clasificación final a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo 1 Vigo da Copa Primavera Vigo)