martes, 18 de junio de 2013

SERGIO GONZÁLEZ, PONENTE NO PRIMEIRO CLÍNIC DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS DO CD AMFIV

.

O próximo sábado día 22 de xuño do 2013 de 10:00 a 14:00 horas no pavillón de Bouzas, o Club Deportivo Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas organiza a Primeira Edición do Clínic de Baloncesto en Cadeira de Rodas.

.

Un dos ponentes será Sergio González, Directro Deportivo e adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e ténico do CD Amfiv. Sergio González falará aos asistentes sobre a introducción ao baloncesto en cadeira de rodas, a realidade deportiva do Club Deportivo Amfiv, a iniciación ao adestramento en cadeira de rodas e á preparación física.

.

Nesta primeira edición do clínic tamén participará Jorge G. Marqués, árbitro internacional de baloncesto en cadeira de rodas, que explicará as diferenzas entre o baloncesto a pé e o baloncesto en cadeira de rodas, así como a formación dun árbitro de baloncesto en cadeira de rodas.

 

A nosa entidade invita a tódolos interesados (adestradores/as, xogadores/as e familiares) a participar nesta novidosa inciativa. A asistencia a este clínic é gratuita e tódalas persoas que desexen asistir deben enviar un correo electrónico ao enderezo clinic@cdamfiv.com.