domingo, 16 de junio de 2013

CEA-CONVIVENCIA DE FINAL DE TEMPADA 2012/2013 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Estimados pais e nais dos xogadores/as:

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vai a organizar unha cea-convivencia para despedir oficialmente a tempada 2012/13 con tódolos deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas e as súas familias, o próximo sábado día 22 de xuño do 2013 a partir das 22:00 horas no Hotel Coia.

.

O menú elixido para a cea-convivencia, coa que se pretende orixinar unha xornada de xuntanza de tódolos integrantes da entidade, é o seguinte:

.

MENÚ

- Aperitivos Variados: empanada de zamburiñas, melón con xamón, montadiños, calamares á romana e polbo á "feira"

- Entrecosto de terneira á prancha con guarnición ou Rodaballo á prancha con patacas ao vapor

- Xeado de nata con chocolate quente

- Café e licores

.

MENÚ INFANTIL

- Aperitivos Variados: taquiños de tortilla, croquetas de xamón, calamares á romana, surtido de fiambres e xamón

- Escalope á milanesa

- Xeados variados

.

Na cea deste ano calquera persoa pode elixir o menú infantil coa condición de que se senten todos/as a cear nas mesas da mesma zona. A reserva das prazas e o pago correspondente aínda se pode realizar nas oficinas do Colexio Seis do Nadal o luns 17 de xuño de 17:00 a 20:00 horas e o martes 18 de xuño de 18:00 a 20:30 horas.

.

O club Club Baloncesto Seis do  Nadal - Coia convídavos e anímavos a todos/as a participar nesta cea-convivencia coa que se pretende despedir a tempada 2012/13 que xa está tocando o seu fin.

.

Xunta Directiva e Dirección Deportiva

do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia