jueves, 6 de junio de 2013

O JÚNIOR MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 9º CLASIFICADO DO GRUPO E DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR 2012/13

(O Júnior Masculino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2012/2013)

.

JÚNIOR MASCULINO "B"

.

9º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

O conxunto Júnior Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio Costela e Álvaro Alonso, finalizou na novena posición do Grupo "E" da Liga Segunda División Júnior Masculina da presente tempada 2012/2013 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal "B" competiu no Grupo "E" Vigo da Liga 2ª División Júnior Masculina rematando na novena posición cun balance de seis vitorias e dezaseis derrotas nos vinte e dous partidos disputados. A clasificación final do Grupo "E" foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E" da Liga 2ª División Júnior Masculina)

.

Unha vez rematada a liga regular o equipo Seis do Nadal "B" participou no Grupo 1 da Copa Primavera Vigo de categoría júnior masculina xunto a Maristas "A", PBB "B", Salesianos e Defensores do Morrazo. O noso combinado ocupou a quinta posición do grupo despois de non conseguir a vitoria en ningún dos catro partidos disputados:

.

(Clasificación final do Grupo 1 da Copa Primavera Júnior Masculina)