jueves, 6 de junio de 2013

O CADETE MASCULINO "C" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DO GRUPO E-1 DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE 12/13

(O Cadete Masculino "C" do Seis do Nadal da presente tempada 2012/2013)

.

CADETE MASCULINO "C"

.

9º CLASIFICADO G-E1 2ª DIVISIÓN

.

O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Breixo Solla e Andrés Álvarez, finalizou na terceira posición do Grupo "E-1" da Liga Segunda División Cadete Masculina da presente tempada 2012/2013 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro competiu no Grupo E-1 Vigo da Liga 2ª División Cadete Masculina e despois dos doce partidos disputados conseguiu nove vitorias e tres derrotas, dúas ante Apóstol e unha ante Maristas "B". A clasificación final do Grupo E-1 foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-1" da Liga 2ª División Cadete Masculina)

.

O equipo Cadete Masculino "C" participou na Copa Primavera Vigo de categoría cadete masculina e estivo encadrado no Grupo 2 xunto a C.B. Baiona - Torvigo, Salesianos Vigo, HH Carmelitas Vedruna, Maristas "C" e EDM Caselas. O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro rematou na segunda praza do grupo tras conseguir catro vitorias e unha soa derrota ante CB Baiona - Torvigo nos cinco partidos disputados.

.

(Clasificación final do Grupo 2 da Copa Primavera Cadete Masculina)