miércoles, 26 de junio de 2013

O INFANTIL MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 4º CLASIFICADO DO GRUPO E DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL 12/13

(O Infantil Masculino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2012/2013)

.

INFANTIL MASCULINO "B"

.

4º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

O Infantil Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Breixo Solla e Felipe Feijoo, finalizou na cuarta posición do Grupo "E" Vigo da Liga 2ª División Infantil Masculina da presente tempada 2012/13 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro competiu no Grupo E-1 Vigo da Liga 2ª División Infantil Masculina 2012/2013 e despois dos dez partidos disputados do grupo conseguiu oito vitorias e dúas derrotas, as dúas ante o CB Tui "A". A clasificación final do Grupo E-1 Vigo, onde o noso equipo conseguiu a segunda posición, foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-1" da Liga 2ª División Infantil Masculina)

.

Os dous primeiros combinados do Grupo "E-1", CB Tui "A" e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, clasificáronse para a disputa do 1º ao 6º posto do Grupo E Vigo, xunto aos dous primeiros clasificados do Grupo "E-2", Golosinas Meloso Seis do Nadal e Cía de María, e os dous primeiros clasificados do Grupo "E-3", Maristas "A" e Apóstol. Despois dos dez partidos disputados o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro rematou na cuarta posición da táboa con catro vitorias e seis derrotas.

.

(Clasificación final da Segunda Fase do Grupo "E" do 1º ao 6º posto)

.

O equipo Infantil Masculino "B" participou na Copa Diputación de Pontevedra 12/13 de categoría infantil masculina e estivo encadrado no Grupo B Vigo xunto a Los Sauces, CB Baiona, San José de la Guía, CB Tui "B" e EDM Salceda Caselas. O Seis do Nadal Celso E. Ferreiro rematou na primeira posición do Grupo "B" e a clasificación final foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo B Vigo da Copa Diputación Pontevedra)

.

O primeiro clasificado do Grupo B Vigo da Copa Diputación de Pontevedra, o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, disputou o cruce de clasificación ante o primeiro clasificado do Grupo A Vigo, o Golosinas Meloso Seis do Nadal, para decidir quen sería o equipo vigués que xogaría a final da Copa Diputación de Pontevedra ante o campión do grupo de Arousa.

 

No partido de ida o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro non puido superar ao Golosinas Meloso Seis do Nadal que se impuxo no marcador cun 59-69 final. No partido de volta o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro chegou ata o final do encontro con opcións de poder clasificarse para xogar a final da Copa Diputación de Pontevedra, pero nos minutos finais do encontro o Golosinas Meloso Seis do Nadal reducía a vantaxe (51-52) sendo o equipo clasificado para a final da competición.