miércoles, 26 de junio de 2013

O INFANTIL MASCULINO "C" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DO GRUPO E DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL 12/13

(O Infantil Masculino "C" subcampión da Copa Diputación Pontevedra)

.

INFANTIL MASCULINO "C"

.

3º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

SUBCAMPIÓN COPA DIPUTACIÓN

.

O Infantil Masculino "C", Golosinas Meloso Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, Borja Martínez e Óscar García, finalizou na terceira posición do Grupo "E" Vigo da Liga 2ª División Infantil Masculina da presente tempada organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Golosinas Meloso Seis do Nadal competiu no Grupo E-2 Vigo da Liga 2ª División Infantil Masculina 2012/2013 e despois dos dez partidos disputados do grupo conseguiu nove vitorias e unha soa derrota. A clasificación final do Grupo E-2 Vigo, onde o noso equipo conseguiu a primeira posición, foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-2" da Liga 2ª División Infantil Masculina)

.

Os dous primeiros combinados do Grupo "E-2", Golosinas Meloso Seis do Nadal e Cía de María, clasificáronse para a disputa do 1º ao 6º posto do Grupo E Vigo, xunto aos dous primeiros clasificados do Grupo "E-1", CB Tui "A" e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, e os dous primeiros clasificados do Grupo "E-3", Maristas "A" e Col. Apóstol. Despois dos dez partidos disputados o Golosinas Meloso Seis Nadal rematou na terceira posición con cinco vitorias e cinco derrotas.

.

(Clasificación final da Segunda Fase do Grupo "E" do 1º ao 6º posto)

.

O equipo Infantil Masculino "C" participou na Copa Diputación de Pontevedra 12/13 de categoría infantil masculina e estivo encadrado no Grupo A Vigo xunto a Col. Apóstol, Carmelitas, Defensores IES Rodeira, Airexa Nigrán e Porriño Bto. "B". O Golosinas Meloso Seis do Nadal rematou na primeira posición do Grupo "A" e a clasificación final foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo A Vigo da Copa Diuptación Pontevedra)

.

O primeiro clasificado do Grupo A Vigo da Copa Diputación de Pontevedra, o Golosinas Meloso Seis do Nadal, disputou o cruce de clasificación ante o primeiro clasificado do Grupo B Vigo, o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, para decidir quen sería o equipo vigués que xogaría a final da Copa Diputación de Pontevedra ante o campión do grupo de Arousa.

 

O equipo que se clasificou para a final da Copa Diputación de Pontevedra Infantil Masculina foi o Golosinas Meloso Seis do Nadal despois de impoñerse no partido de ida cun 59-69 e rematar o encontro de volta cun 51-52 no electrónico. O noso conxunto disputou a final da Copa Diputación de Pontevedra en Ponteareas ante o CB Dorna, nun partido igualado ata o final e que decantou o título para o combinado arousán (64-70).

 

Fotos da entrega de premios de subcampións

.

.