(Os equipos infantís "A" do club subcampións do torneo de Gafanha)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no VIII Torneo Internacional "Cidade Gafanha de Nazaré" de Sub14 Masculino e Feminino que se celebrou os pasados días 9, 10 e 11 de febreiro do 2013 no Pavillón de Gafanha de Nazaré (Portugal).
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, único club que participou en tódalas edicións do torneo, participou co equipo Infantil Masculino "A", dirixido por Diego Montenegro, e co combinado Infantil Feminino "A", adestrado e dirixido por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez.
.
Os dous equipos infantís do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamáronse subcampións do campionato. O Infantil Masculino "A" disputou cinco partidos ao longo do torneo nos que conseguiu catro vitorias e unha soa derrota ante o Grupo Desportivo da Gafanha, e o Infantil Feminino "A" xogou catro partidos conseguindo tres vitorias e unha única derrota ante o Atómicos SC.
.
A clasificación final do VIII Torneo Internacional Sub14 "Cidade Gafanha de Nazaré" en ambas categorías, Sub14 Masculino e Sub14 Feminino, e co novo formato de liga todos contra todos, foi o seguinte:
CATEGORÍA SUB14 MASCULINO:
1º- SC BRAGA (Braga)
2º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)
3º- SC BEIRA-MAR (Aveiro)
4º- GRUPO DESPORTIVO GAFANHA (Gafanha)
5º- CAA SALESIANOS (Porto)
6º- GDB LEÇA (Porto)
CATEGORÍA SUB14 FEMININO:
1º- ATÓMICOS SC (Oliveira de Bairro)
2º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)
3º- GRUPO DESPORTIVO GAFANHA (Gafanha)
4º- SC BRAGA (Braga)
5º- GDB LEÇA (Porto)
.
Os resultados de tódolos partidos disputados ao longo do VIII Torneo Internacional "Cidade Gafanha de Nazaré" de Sub14 Masculino e Feminino foron os seguintes:
.
Fotos dos equipos infantís do club en Gafanha de Nazaré
.
..
..


-page-001.jpg)







