jueves, 14 de febrero de 2013

DÚA XOGADORAS DO CLUB PRESENTES NA CONCENTRACIÓN DO ENTROIDO DA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

(Gaila Comesana e Nerea Arambarri convocadas coa preselección galega)

.

Metida de cheo no ecuador de toda a súa preparación de cara ao Campionato de España, a Preseleccións Galega Infantil Feminina afrontou na pasada fin de semana e aproveitando o Entroido unha nova concentración de traballo.

.

A Preselección Galega Infantil Feminina foi citada os días 10 e 11 de febreiro do 2013, cun total de 13 xogadoras, para afianzar os necesarios conceptos de xogo. A sede desta nova concentración foi o Pavillón Alonso Rodríguez, en Noia.

 

A parcela deportiva das sesións de adestramento completouse coa disputa dun encontro amigable no que poñer a proba o xogo do combinado e que axudou ao corpo técnico no labor de configurar o seu equipo definitivo. O partido tivo lugar o luns 11 de febreiro ante un conxunto júnior e sénior do C.B. Cluny.

.

Nesta nova concentración da preselección infantil feminina na vila de Noia estiveron convocadas Nerea Arambarri e Gaila Comesaña, xogadoras do combinado Infantil Feminino "A" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez.