viernes, 21 de diciembre de 2012

A RIFA DA FUNDACIÓN VIDE NÚMERO 37.341 FOI A GAÑADORA DA VIAXE AO CARIBE PARA DÚAS PERSOAS

.

O pasado venres día 14 de decembro do 2012 celebrouse o sorteo da viaxe ao Caribe para dúas persoas, a gozar no ano 2013 en tempada baixa, grazas ao apoio de Viaxes Eroski, un dos máis importantes patrocinadores da Fundación VIDE.

.

Como xa é tradicional, o sorteo realizouse nas instalacións da Fundación VIDE en presenza do presidente e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e da responsable da axencia para Galicia, Belén Suárez..

.

A rifga gañadora da viaxe foi a número 37.341, vendida polo Bádminton Rachaplumas. A continuación foron retirados tres números de reserva, por se houbese renuncia do gañador ou gañadora. A primeira rifa reserva foi a número 36.146, vendida polo Vigo Squash; o segundo número reserva foi o 40.576, entregado polo Maniotas, e o terceiro número de reserva foi o 15.822, xestionado polo Balonmán Seis do Nadal.

 

O gañador (rifa número 37.341) ten un mes de prazo para acudir á oficina de Viaxes Eroski en Travesía de Vigo para confirmar a aceptación do seu premio, debendo acudir co boleto orixinal. Para o presidente de VIDE, esta iniciativa é de suma importancia, porque demostrou que con imaxinación e grazas ao traballo en común de clubs, empresas privadas e Fundación pódense conseguir recursos atípicos.