.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal a 9ª Edición do Campus de Inverno 2012 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.
.
O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.
.
A Novena Edición do Campus de Inverno 2012 se celebrará no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes os próximos días 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2012 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.
.
Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2005) ata júnior (nados no ano 1995).
.
O prezo deste campus é de 30 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45 euros para deportistas doutros clubs ou entidades.
.
As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2012 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 21 de decembro do 2012 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.
.
Xa se pode descargar a folla de inscrición do 9º Campus de Inverno 2012 "Xornadas de Tecnificación" pulsando na imaxe.
.