lunes, 17 de septiembre de 2012

O ALEVÍN FEMININO "B", DIRIXIDO POR AALÍ MOHAMED E SILVIA CAÍÑO, COMEZA OS ADESTRAMENTOS

.

O equipo Alevín Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 estará adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, e estará composto por un grupo de xogadoras nadas no ano 2002 e que pasarán a súa primeira campaña como alevíns.

.

Nesta nova tempada deportiva 2012/13, e despois de vintenove tempadas na nosa entidade, Aalí Mohamed adestrará ao conxunto Alevín Feminino "B", ademais do conxunto Infantil Feminino "A" que militará na Liga 1ª División Infantil Feminina.

.

Silvia Caíño formará parte do corpo técnico do equipo Alevín Feminino "B" xunto a Aalí Mohamed, na que será a súa cuarta campaña como adestradora do club desde a súa incorporación na pasada tempada 2009/2010.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Alevín Feminino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo mércores día 19 de setembro ás 18:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro.