miércoles, 11 de abril de 2012

O SEIS DO NADAL "B" CAMPIÓN DA SERIE FEMININA "SEIS DO NADAL" DO 4º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL

(As xogadoras do Seis do Nadal "B" campioas do torneo infantil feminino)

.

O grupo Seis do Nadal "B" proclamouse campión da segunda xornada do 4º Torneo Internacional Infantil 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Esta segunda xornada, quenda da categoría infantil feminina serie "Seis do Nadal", celebrouse o pasado sábado día 7 de abril do 2012 nas pistas do Pavillón Municipal de Balaídos de xeito paralelo ao 5º Torneo Internacional Cadete 2012.

.

Ademáis do equipo anfitrión, o Seis do Nadal "B" (Vigo), tamén participaron no torneo o Marín Peixegalego (Marín), conxunto campión da xornada, e o equipo do Grupo Desportivo Gafanha de Portugal.

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL "B" 65 Vs GD GAFANHA 62

- GD GAFANHA 31 Vs MARÍN PEIXEGALEGO 47

- SEIS DO NADAL "B" 65 Vs MARÍN PEIXEGALEGO 61

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- SEIS DO NADAL "B" (Vigo)

2º- MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

3º- GRUPO DESPORTIVO GAFANHA (Gafanha - Portugal)

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios da serie feminina "Seis do Nadal" da Cuarta Edición do Torneo Internacional Infantil 2012 estivo presente Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Miguel Ángel Pena e Antonio Iglesias, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo do club vigués; e Sandra Cacheda en represetación dos xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.