miércoles, 11 de abril de 2012

O GD GAFANHA CAMPIÓN DA SERIE MASCULINA "CELSO E. FERREIRO" DO 4º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL

(O GD Gafanha campión da Serie "Celso Emilio Ferreiro" do torneo infantil)

.

O Grupo Desportivo Gafanha (Gafanha - Portugal) proclamouse campión da primeira xornada do 4º Torneo Internacional Infantil 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e que se celebrou o pasado venres día 6 de abril do 2012 no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

Na serie infantil masculina "Celso Emilio Ferreiro" participaron o anfitrión Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro (Vigo), o Grupo Desportivo Gafanha (Portugal) e o combinado de Defensores do Morrazo (Cangas), sendo o conxunto campión da xornada do 4º Torneo Internacional Infantil o combinado luso.

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL CELSO E.F 23 Vs GD GAFANHA 84

- GD GAFANHA 66 Vs DEFENSORES DO MORRAZO 30

- SEIS NADAL CELSO 52 Vs DEFENSORES MORRAZO 50

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- GRUPO DESPORTIVO GAFANHA (Gafanha - Portugal)

2º- SEIS DO NADAL CELSO EMILIO FERREIRO (Vigo)

3º- DEFENSORES DO MORRAZO (Cangas)

.

.

.

Na entrega de premios da categoría Infantil Masculina Serie "Celso E. Ferreiro" do Torneo Internacional Infantil 2012 estivo presente Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Francisca García, Secretaria da Xunta Directiva da entidade; Sergio González, Director Deportivo do club vigués; Margarita Niño, Directora do CPI Celso Emilio Ferreiro; Francisco García, en represetación dos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal; e Mónica Bastos, en representación do grupo de pais e nais.