domingo, 22 de abril de 2012

O SEIS DO NADAL - COIA CONSEGUE UN HISTÓRICO ASCENSO Á PRIMEIRA DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA

(O Sénior Masculino celebrando o Ascenso cos xogadores do club)

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguía na tarde do pasado sábado 21 de abril do 2012 un novo éxito a engadir á historia da entidade viguesa. O Sénior Masculino da Liga 2ª División conseguía, por primeira vez na hisotira do club de Coia, o ascenso á Primeira División Sénior Masculina.

..

O combinado adestrado por César Álvarez chegaba á ultima xornada da liga regular na primeira posición do Grupo Sur da Liga 2ª División Sénior Masculina e dependendo de sí mesmos para conservar o primeiro posto e conseguir así o ascenso á Primeira División.

.

(Un dos momentos do partido disputado en Navia ante o CB O Grove)

 

O pavillón de Navia viviu o partido que enfrontou ao Seis do Nadal - Coia e ao CB Grove Turimares na última xornada da liga regular, un partido que estivo dominado de principio a fin polo equipo local, arroupado e apoiado desde a bancada por xogadores/as, adestradores/as, familiares e amigos/as.

.

Unha vitoria do Seis do Nadal - Coia por 88 a 48 facía saltar a tódolos alí presentes e celebrar o ascenso conseguido despois de disputar vintedúas xornadas da 2ª División Sénior Masculina cun balance positivo de dezaoito vitorias e catro derrotas.

.

(O Sénior Masculino agradecendo todo a apoio despois do partido)

..

As próximas fins de semana do 29 de abril e 6 de maio se xogará o cruce de clasificación contra o primeiro clasificado do Grupo Norte, Club Baloncesto Atocha (A Coruña), para resolver que equipo ocupará a primeira posición da Liga 2ª División, aínda que ambos combinados chegaran ao cruce co ascenso conseguido.

 

O corpo técnico e o conxunto de xogadores do Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queren agradecer todo o ánimo e o apoio recibido ao longo de toda a liga por parte de tódolos xogadores e xogadoras dos equipos da entidade, dos adestradores e adestradoras, familiares, a amigos e a amigas; querendo facer partícipe a todos e todas do éxito conseguido.