martes, 24 de abril de 2012

TODO LISTO PARA O 12º TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET 2012 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 11/12 o 12º Torneo Internacional de Minibásquet 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 29 de abril e 1 de maio do 2012.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa duodécima edición, reunirá nos próximos días 30 de abril e 1 de maio ás mellores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros, un ano máis, os Baixos do Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de catro pistas nas que se disputarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

.

Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o domingo 29 de abril, e outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o martes 1 de maio.

.

Os clubs que participarán no torneo con dous equipos, un masculino e outro feminino, son o anfitrión Seis do Nadal, que participará con dous conxuntos en cada categoría, o Colexio Salesianos (Vigo), o Porriño Baloncesto Base, o Marín Peixegalego, o Pío XII (Santiago de Compostela), o C.B. Baiona e o Básquet de Leça (Portugal). O cartel feminino será completado polo Celta Bosco (Vigo), C.B. Arxil (Pontevedra), Cluny (Santiago de Compostela) e Carmelitas (Ourense). Os equipos de O Meco (O Grove), Básquet Coruña, COB (Ourense) e o Beira-Mar Básquet (Portugal), completarán o cadro masculino.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Carmelitas Ourense e o FC Porto, campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano. Ademais a gran maioría dos equipos galegos terán a oportunidade de preparar a súa participación na Liga FGB de Minibásquet que comezará a fin de semana do 5 e 6 de maio, polo que será unha importante cita de preparación de cara á competición autonómica.

..

O 12º Torneo Internacional de Minibásquet 2012 conta co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal de Deportes, a Fundación Vigo en Deporte, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Diputación de Pontevedra, a Federación Galega de Baloncesto, e conta coa colaboración de Coca-Cola.