jueves, 13 de octubre de 2011

XA DISPOÑIBLES OS CALENDARIOS DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE 11/12 DE CATEGORÍA MASCULINA E FEMININA

.

Os dous equipos de categoría cadete masculina e o equipo cadete feminino, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que xogarán na Liga 2ª División Cadete 11/12 da Federación Galega de Baloncesto xa coñecen os calendarios de xogo.

.

Os calendarios de xogo dos seis grupos desta Liga 2ª División Cadete, masculina e feminina, que comezou a pasada fin de semana dos días 24 e 25 de setembro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega (www.fegaba.com).

.

Os conxuntos participantes na nova Liga 2ª División Cadete Masculina 11/12 se repartirán en seis grupos por proximidade xeográfica. Os combinados Seis do Nadal "B", adestrado por Breixo Solla e Andrés Álvarez; e o Seis do Nadal "C", dirixido por Borja Martínez e David Rodríguez; estarán encadrados no Grupo E da competición, grupo que estará formado por trece combinados locais, xunto a:

.

SEIS DO NADAL "B"

SEIS DO NADAL "C"

C.B. BAIONA

C.B. SAN JOSÉ DE LA GUÍA

C.B. TUI SETA

LOS SAUCES

SALESIANOS

COLEXIO MARIANO

MARISTAS "B"

MARISTAS "C"

APÓSTOL

COMPAÑÍA DE MARÍA

CANTEIRAS "B"

.

A próxima xornada do Grupo E da Liga 2ª División Cadete Masculina, que será a cuarta xornada da competición, terá lugar a fin de semana do 15 e 16 de outubro. O Seis do Nadal "B" se enfrontará a Los Sauces no Colexio Seis do Nadal o domingo día 16 ás 10:00 horas, mentres que o equipo Seis do Nadal "C" disputará o seu partido no Pavillón Municipal de Tui o sábado 15 ás 12:00 horas. Pódese acceder ao calendario do Grupo E da Liga 2ª División Cadete Masculina pulsando aquí.

.

O equipo Cadete Feminino "B", Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido polo técnico Carlos Guada, xogará a Liga 2ª División Cadete Femina 2011/12 e estará encadrado no Grupo E da competición xunto aos seguintes combinados:

.

SEIS DO NADAL "B"

C.B. BAIONA

CANTEIRAS "A"

CANTEIRAS "B"

LOS SAUCES

COLEXIO MARIANO

LA ACADEMIA CELTA

MARISTAS - CELTA

C.B. TUI SETA

SALESIANOS

AIREXA NIGRÁN

LAS ACACIAS

.

A próxima xornada do Grupo E da Liga 2ª División Cadete Feminina, que será a teceira xornada da liga, terá lugar a fin de semana do 15 e 16 de outubro. O Seis do Nadal "B" visitará a pista do Colexio Salesianos o sábado 15 de outubro ás 10:00 horas. Pódese acceder ao calendario do Grupo E da Liga 2ª División Cadete Feminina pulsando aquí.