lunes, 10 de octubre de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB ARRANCA COA PRIMEIRA VITORIA A LIGA 2ª DIVISIÓN 2011/2012

(O Sénior Masculino Autonómico no seu primeiro encontro da 2ª División)

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 76

..

CRUZ ALTA (Ourense) 68

.

O pasado sábado 8 de outubro do 2011 disputouse no Pavillón Municipal de Balaídos o partido correspondente a primeira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 que enfrontaba ao equipo Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal - Coia, e ao Cruz Alta ourensán.

.

A primeira toma de contacto coa Liga 2ª División de categoría sénior masculina desta nova tempada 2011/2012 rematou coa primeira vitoria da campaña para o equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por César Álvarez aínda que nesta ocasión foi dirixido por Enrique Beloso, cun resultado final de 76-68 a favor.

.

(O xogador Ricardo García superando a defensa do equipo ourensán)

.

O encontro, en todo momento dominado polo Seis do Nadal Coia, entrou no último minuto de xogo con táboas no marcador despois de que o conxunto ourensán encadeara unha serie de acertos que se uniu á falta de accións positivas para o equipo local. Foi no último minuto do partido cando Ricardo García, xogador procedente da canteira do Seis do Nadal, conseguía converter un importante triple que marcaría o camiño do final do encontro (76-68) no que destacaron as boas defensas do conxunto.

 

Despois desta primeira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a cuarta posición da clasificación estreando o apartado de vitorias. A clasificación completa da competición é a seguinte: