viernes, 27 de mayo de 2011

OS ALEVÍNS "A" DO C.B. SEIS DO NADAL DISPUTARÁN OS CUARTOS DE FINAL DAS LIGAS FGB MINIBÁSQUET

(O Alevín Feminino xogará ante o Carmelitas nos cuartos da Liga FGB)

.

(O Alevín Masculino crúzase con Salesianos nos cuartos da Liga FGB)

.

Os equipos Alevíns "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia xogarán os cruces de cuartos de final das Ligas FGB Autonómicas de Minibásquet 2010/11 na categoría feminina e tamén na masculina. En categoría feminina participa o Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, campión da Liga Zonal DVB; xogando en categoría masculina o Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", terceiro clasificado da Liga Zonal DVB da presente campaña.

.

As Ligas FGB Autonómicas de Minibásquet 2010/2011 se iniciaron con 32 equipos, 16 en cada categoría (masculina e feminina), dos cales quedan aínda na competición 16 equipos, 8 masculinos e 8 femininos, que disputarán os cuartos de final.

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, estivo encadrado no Grupo "C" da competición autonómica xunto a Cortegada "A" (Vilagarcía de Arousa), o Xuven (Cambados) e o Allariz. Despois dos seis partidos disputados o equipo conseguiu un balance de cinco vitorias e unha derrota ante o conxunto de Cortegada, rematando na segunda posición da clasificación do grupo:

.

.

A segunda posición no Grupo "C" enfrontará ao noso conxunto ante o primeiro clasificado do Grupo "D", o Carmelitas Aica.net (Ourense). O cadro completo de cuartos de final da Liga FGB Autonómica Alevín Feminina é o seguinte:

.

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", dirixido por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, estivo encadrado no Grupo "C" da competición xunto a Meco "A" (O Grove), Salesianos COB 99 (Ourense) e EDO Practicas 99 (Ourense). O conxunto conseguiu o pleno de vitorias nos seis partidos disputados ocupando a primeira posición do grupo:

.

.

No cruce de cuartos de final o Alevín Masculino "A", primeiro clasificado do Grupo "C" se enfrontará ao Salesianos Vigo, segundo clasificado do Grupo "B". O cadro de cuartos de final da Liga FGB Autonómica de categoría Alevín Masculina é o seguinte:

.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o único club da Delegación Viguesa de Baloncesto que xogará os cuartos de final nas dúas categorías da Liga FGB 10/11 de Minibásquet, con equipo na categoría masculina e na feminina.