jueves, 26 de mayo de 2011

DEPORTISTAS DO SEIS DO NADAL ADESTRARÁN COAS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS EN A ESTRADA

.

A área deportiva da Federación Galega de Baloncesto convoca unha nova xornada de adestramentos para as súas dúas preseleccións, neste caso para a categoría infantil, tanto masculina como feminina.

.

Será este domingo 29 de maio na localidade de A Estrada cando se reúnan un total de 60 xogadores, 27 rapazas e 33 rapaces, para formar parte dos inicios e do xerme das que serán as seleccións galegas infantís no futuro.

.

Todos os convocados darán corpo a unha xornada de traballo, en horario de mañá, na que se verán representadas as sete delegacións da Federación Galega de Baloncesto e diferentes clubs pertencentes ás mesmas. Así, un total de 26 equipos de toda Galicia colaborarán nesta ocasión facilitando a presenza dos seus xogadores e xogadoras nesta cita dominical.

.

Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participarán nesta nova concentración serán en categoría masculina, Borja Astray, xogador do Infantil Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Felipe Feijoo; e en categoría feminina Maite Dubois, Alicia Muñoz e Mª Carmen Rodríguez, xogadoras as tres do combinado Infantil Feminino "A", dirixidas por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Beatriz Vaquero.

.

Os horarios dos adestramentos das preseleccións galegas infantís durante a concentración do próximo domingo día 29 de maio serán:

.

10:00 a 12:00 horas - Adestramento Infantil Feminino

12:00 a 14:00 horas - Adestramento Infantil Masculino