sábado, 5 de junio de 2010

OS DOUS EQUIPOS INFANTÍS DO SEIS DO NADAL LOITARÁN POR UNHA PRAZA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

.

O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, participa no Campionato Interautonómico Infantil Masculino Grupo Norte que se disputa en Valladolid do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España Infantil Masculino.

.

Na terceira xornada desta Fase Interautonómica Grupo Norte Infantil Masculina, e co encontro de cruces ben asegurado, o Mondariz Seis do Nadal se enfrontou ao Ponce Julián Marías, primeiro clasificado de Castela León. Neste partido, no que se xogaba a primeira praza do grupo, tódolos nosos xogadores amosaron novamente unha gran intensidade e desenvolveron un gran xogo de equipo, que fixo posible que se alonxasen no marcador xa na primeira metade. Nos dous últimos períodos a diferenza foi aumentado ata chegar ao remate do encontro cunha nova vitoria por 40-64.

.

Os resultados da terceira xornada da Fase Interautonómica Infantil Masculina foron os seguintes:

.

GRUPO "A"

3ª XORNADA: SÁBADO 5 DE XUÑO DO 2010

10:15 H. AGUSTINOS ERAS 60 - SERNA SOLAR 66

12:30 H. CIDADE LUGO 96 85 -SAN IGNACIO OVIEDO 34

.

GRUPO "B"

3ª XORNADA: SÁBADO 5 DE XUÑO DO 2010

17:00 H. DESCANSA - EM PIÉLAGOS "A"

18:00 H. PONCE JULIÁN 40 - MONDARIZ SEIS NADAL 64

.

As clasificacións finais dos grupos desta Fase Interautonómica Infantil Masculino Grupo Norte quedaron do seguinte xeito:

.

GRUPO "A"

1º- CIDADE DE LUGO 96 (GALICIA)

2º- SERAN SOLAR (CASTELA LEÓN)

3º- AGUSTINOS ERAS (CASTELA LEÓN)

4º- SAN IGNACIO OVIEDO (ASTURIAS)

.

GRUPO "B"

1º- MONDARIZ SEIS DO NADAL (GALICIA)

2º- PONCE JULIÁN MARÍAS (CASTELA LEÓN)

3º- EM PIÉLAGOS "A" (CANTABRIA)

.

Este primeiro posto do Grupo "B" clasifica ao Mondariz Seis do Nadal para os partidos de cruces, dos que sairán os dous conxuntos participantes na Fase Final do Campionato de España de categoría Infantil Masculina. Os horarios son:

.

FINAIS

DOMINGO 6 DE XUÑO DO 2010

10:15 H. CIDADE LUGO 96 - PONCE JULIÁN MARÍAS

12:30 H. MONDARIZ SEIS DO NADAL - SERNA SOLAR

.

.

O equipo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, xogou a súa terceira xornada do Campionato Interautonómico Infantil Feminino Grupo Norte que se disputa na vila de Marín (Pontevedra) do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España.

.

O noso equipo enfrontouse nesta terceira xornada, e co partido de cruces asegurado, ao Escolas Deportivas León, primero clasificado de Castela León. A primeira metade do partido, destacada pola gran intesidade e igualdade de ambos equipos, rematou cun electrónico con catro puntos favor do conxunto leonés. Na segunda metade o noso combinado, a pesar de amosar unha gran imaxe e desenvolver un bo xogo, non puido impedir que o tanteo se inclinase finalmente a favor do Escolas Deportivas León (83-59).

.

Os resultados da terceira xornada da Fase Interautonómica Infantil Feminina foron os seguintes:

.

GRUPO "A"

3ª XORNADA: SÁBADO 5 DE XUÑO DO 2010

10:30 H. UVA PONCE 63 - COL. INMACULADA 22

18:00 H. CÍA MARÍA VIGO "A" 43 - BASKET MAR GIJÓN 47

.

GRUPO "B"

3ª XORNADA: SÁBADO 5 DE XUÑO DO 2010

12:30 H. EMB SELAYA 58 - CELTA MARISTAS 56

20:00 H. ESCOLAS LEÓN 83 - MONDARIZ SEIS NADAL 59

.

As clasificacións finais dos grupos desta Fase Interautonómica Infantil Feminina Grupo Norte quedaron do seguinte xeito:

.

GRUPO "A"

1º- PONCE DE VALLADOLID (CASTELA LEÓN)

2º- BÁSQUET MAR GIJÓN (ASTURIAS)

3º- CÍA MARÍA VIGO "A" (GALICIA)

4º- COLEXIO INMACULADA (ASTURIAS)

.

GRUPO "B"

1º- ESCOLAS DEPORTIVAS LEÓN (CASTELA LEÓN)

2º- MONDARIZ SEIS DO NADAL (GALICIA)

3º- EMB SELAYA (CANTABRIA)

4º- CELTA MARISTAS CAIXANOVA (GALICIA)

.

Este segundo posto do Grupo "B" clasifica ao Mondariz Seis do Nadal para os partidos de cruces, dos que sairán os dous conxuntos participantes na Fase Final do Campionato de España de categoría Infantil Feminina. Os horarios son:

.

FINAIS

DOMINGO 6 DE XUÑO DO 2010

10:30 H. UVA PONCE - MONDARIZ SEIS DO NADAL

12:30 H. ESCOLAS DEP. LEÓN - BÁSQUET MAR GIJÓN