viernes, 4 de junio de 2010

DÚAS NOVAS VITORIAS DOS EQUIPOS INFANTÍS NOS INTERAUTONÓMICOS EN VALLADOLID E NA VILA DE MARÍN

.

O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, participa no Campionato Interautonómico Infantil Masculino Grupo Norte que se disputa en Valladolid do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España Infantil Masculino.

.

.

.

.

(Fotos do partido ante o EM Piélagos "A" e fotos de grupo)

.

Na segunda xornada desta Fase Interautonómica Grupo Norte Infantil Masculina o Mondariz Seis do Nadal debutou ante o EM Piélagos "A", primeiro clasificado de Cantabria. Despois dun gran comezo de encontro, no que os nosos xogadores saíron a pista impoñendo o seu ritmo de xogo, o equipo foi aumentando a vantaxe inicial no marcador período a período, conseguindo unha ampla e merecida vitoria (81-46).

.

Os resultados da segunda xornada da Fase Interautonómica Infantil Masculina foron os seguintes:

.

GRUPO "A"

2ª XORNADA: VENRES 4 DE XUÑO DO 2010

10:15 H. SERNA SOLAR 54 - CIDADE LUGO 96 87

12:30 H. SAN IGNACIO OVIEDO 48 - AGUSTINOS ERAS 51

.

GRUPO "B"

2ª XORNADA: VENRES 4 DE XUÑO DO 2010

18:00 H. MONDARIZ SEIS DO NADAL 81 - PIÉLAGOS "A" 46

20:15 H. DESCANSA - PONCE JULIÁN MARÍAS

.

.

O equipo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, xogou a súa segunda xornada do Campionato Interautonómico Infantil Feminino Grupo Norte que se disputa na vila de Marín (Pontevedra) do 3 ao 6 de xuño e no que se decidirán as dúas prazas para a Fase Final do Campionato de España.

.

.

.

(Fotos do primeiro partido ante o R.C. Celta Maristas)

.

O noso equipo enfrontouse nesta segunda xornada ao EMB Selaya, primero clasificado da liga de Cantabria, na Fase Interautonómica Infantil Feminina. Neste segundo partido as nosas xogadoras a pesar de non desenvolver un bo xogo na pista, conseguiron unha vitoria máis na fase de clasificación acudindo ao xogo en equipo nos minutos finais. O marcador final (47-40) reflexa a igualdade do partido.

.

Os resultados da segunda xornada da Fase Interautonómica Infantil Feminina foron os seguintes:

.

GRUPO "A"

2ª XORNADA: VENRES 4 DE XUÑO DO 2010

18:00 H. COL. INMACULADA 35 - CÍA MARÍA VIGO "A" 73

10:30 H. BASKET MAR GIJÓN 40 - UVA PONCE 67

.

GRUPO "B"

2ª XORNADA: VENRES 4 DE XUÑO DO 2010

12:30 H. MONDARIZ SEIS DO NADAL 47 - EMB SELAYA 40

20:00 H. CELTA MARISTAS 23 - ESCOLAS DEP. LEÓN 73