PRESELECCIÓN ZONAL INFANTIL FEMININA
.
.
.
A Preselección Zonal Viguesa Infantil Feminina realizou un novo adestramento despois das vacacións de Semana Santa o pasado domingo 11 de abril do 2010 no Colexio Seis do Nadal a partir das 16:30 horas.
.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocadas nesta nova ocasión foron Carmen Dapena e Paula Sabido, xogadoras do equipo Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, adestradas por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Alicia Muñoz, xogadora do Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrada por Beatriz Vaquero.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores nesta tempada 2009/10 da Selección Viguesa Infantil Feminina.
.
PRESELECCIÓN ZONAL CADETE MASCULINA
.
.
A Preselección Zonal Viguesa Cadete Masculina realizou a súa primeira concentración despois da disputa do 3º Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" o pasado domingo 11 de abril do 2010 no Pavillón Reibón (Moaña) a partir das 18:30 horas.
.
O xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia convocado neste novo adestramento da preselección foi Miguel Oújo, xogador do equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrado por David Fernández e Enrique Celeiro.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico desta Selección Viguesa. Sergio González e Francisco García, adestradores do noso club; son os seleccionadores da Selección Viguesa de categoría Cadete Masculina nesta tempada 2009/2010.