viernes, 9 de abril de 2010

AGRADECEMENTOS DOS TORNEOS INTERNACIONAIS DE SEMANA SANTA DE CATEGORÍA CADETE E INFANTIL

.

.

.

 

.

O 3º Torneo Internacional Cadete 2010 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" e o 2º Torneo Internacional Infantil 2010 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" foron organizados polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas vacacións de Semana Santa co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, do Instituto Municipal dos Deportes, da Fundación Vide e da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer o constante apoio destas entidades así como o respaldo e colaboración de Aguas de Mondariz, Caixanova, Coca-Cola, ARC Eurobanan, Alcampo, Chumis e Orbit.

.

O club vigués tamén quere agradecer a colaboración de tódalas persoas que durante os tres días do torneo fixeron que a organización e a propia actividade fosen todo un éxito.

.

Agradecer aos directivos/as do noso club toda su dedicación, agradecer aos adestradores e adestradoras do club a súa colaboración como oficiais de mesa en cada un dos partidos e no propio desenvolvemento de ambos torneos, agradecer aos deportistas federados do club o seu apoio ao longo de todo o torneo, agradecer aos pais e nais dos xogadores e xogadoras todo o seu esforzo para conseguir que ano tras ano os torneos que organiza o noso club acaden o prestixio co que contan a día de hoxe.

.

¡GRAZAS A TODOS E TODAS!