O próximo sábado día 24 de outubro se xogará a segunda xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2009/10 na que o noso conxunto, Seis do Nadal - Coia, disputará o derbi local fronte o Baiona Anfaco.
O noso equipo conseguiu unha traballada victoria na primeira xornada ante o CBC Pontevedra na súa pista cun marcador a favor de 52-64, mentres que o Baiona Anfaco perdeu no seu campo fronte ao Liceo Casino de Vilagarcía por 55-65.
Nesta segunda xornada o noso equipo xogará no Colexio Seis do Nadal, no que será o primeiro partido como locatarios en competición oficial, ante toda a familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere convidar a tódolos membros da nosa entidade a presenciar o encontro de categoría Sénior Masculino Autonómica o próximo sábado 24 de outubro, ás 20:00 horas no Colexio Seis do Nadal, para ofrecerlles aos integrantes do noso equipo todo o apoio posible no regreso desta competición ás nosas pistas.