O Comité Galego de Árbitros da Federación Galega de Baloncesto inaugura a temporada 2009/2010 no seu canal de xogadas en Youtube coa incorporación de novos e diferentes exemplos pensados para fomentar as análises e potenciar a formación continua dos colexiados galegos.
Esta nova ferramenta dirixida a tódolos árbitros, establecida como Canal en Youtube, incorporará ao longo da tempada diferentes vídeos nos que se incluirán xogadas simuladas, situacións de xogo reais e textos explicativos das mesmas referentes aos aspectos estritamente arbitrais.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia activa este canal na nosa páxina web (www.seisdonadalcoia.com) como medio e ferramenta de utilidade para o grupo de árbitros da entidade.