martes, 20 de octubre de 2009

A FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE (VIDE) ESTREA NOVA PÁXINA WEB

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) estreou nova páxina web. Este novo portal de Internet, na mesma dirección que a anterior, busca dar unha resposta máis moderna á demanda dos usuarios de Internet do deporte local.

Cun deseño máis moderno e unhas posibilidades de acceso máis áxiles pola evolución propia dos sistemas informáticos, a dirección www.vide.es quere chegar do modo máis dinámico posible aos medios dixitais, como unha ferramenta máis para tódolos clubs de Vigo, a cidade que máis actividade deportiva xera e xestiona de toda a comunidade autónoma.

A nova web de VIDE xa é unha realidade que confirma a propia aposta das entidades e clubs deportivos polo traballo común e unidireccional nunha idea.