viernes, 6 de marzo de 2009

OS EQUIPOS CADETES DO CLUB NO 2º TORNEO INTERNACIONAL CADETE

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2008/09. Despois do gran éxito e acollida da Primeira Edición celebrada a campaña pasada, volverase a repetir esta iniciativa os días 10, 11 e 12 de abril do 2009.

Os equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que competirán nesta Segunda Edición do Torneo son o Cadete Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, adestrado por Marcos Blanco; o Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", adestrado por Albert Tomas; e o Cadete Feminino, Seis do Nadal, adestrado por Marcos Blanco e Breixo Solla.

Abrirá o torneo o Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", o venres 10 de abril na categoría masculina Serie "B". O sábado 11 de abril tocaralle o turno ao Cadete Feminino, Seis do Nadal, en categoría feminina, para finalizar a Segunda Edición do Torneo o domingo 12 de abril co Cadete Masculino "A", Seis do Nadal "A", en categoría masculina Serie "A".