viernes, 6 de marzo de 2009

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE ADESTRADOR DE PRIMEIRO E SEGUNDO NIVEL

A Escola Galega de Adestradores amplía ata o vindeiro venres 27 de marzo o prazo de inscrición correspondente aos seus Cursos de Formación de Primeiro e Segundo Nivel.

Deste xeito, todos os interesados en formar parte destas iniciativas de formación poderán realizar a súa inscrición, ata o día 27, conforme aos requisitos xa establecidos nas convocatorias iniciais de ambos os cursos.

Así mesmo, a Escola Galega de Adestradores comunica que poderán formalizar a súa preinscrición no Curso de Segundo nivel todos aqueles alumnos e alumnas que teñan realizado o curso de primeiro nivel a pesares de que non teñan rematadas as prácticas do mesmo.

Podedes acceder ás convocatorias iniciais e aos formularios de inscrición dos Cursos de Formación de Primeiro e Segundo Nivel pulsando aquí.