Moi boa experiencia o pasado sábado día 17 de xuño do 2023 para cinco xogador@s do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na Xuntanza de Preminibásket organizada pola Federación Galega de Baloncesto en Pontevedra.
Formaron parte das seleccións de Vigo de categoría benxamín masculina e feminina: Iago Garín, Unai Rojo, Roi Vílchez, Laia Alonso e Coral Pérez. Parabéns a tod@s por esta nova experiencia!
E tamén estiveron presentes nesta Xunta Preminibásket os nosos técnicos Daniel Fernández e Pablo Estévez como adestradores da Selección Galega 2014 Masculina. Moitas felicidades aos dous por esta vivencia sumada!