domingo, 18 de junio de 2023

CAMPIÓNS GALEGOS E PRAZA CONSEGUIDA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

O equipo Alevín Masculino de Primeira División do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión galego da presente tempada 2022/2023.

Excelente tempada e incrible participación do noso equipo na Fase Final da Primeira División Alevín Masculina disputada no concello de A Estrada.

Ademais do título de campións galegos os nosos rapaces conseguiron unha das dúas prazas dispoñibles para a participación no Campionato de España de Clubs Alevín Masculino que se celebrará en Granada.

Parabéns a xogadores, técnicos, familias e a todo o club por este enorme éxito!

FELICIDADES A TOD@S!