sábado, 17 de junio de 2023

O SEIS DO NADAL - COIA RECIBE O GALARDÓN "O BALONCESTO EDUCA" DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

Moitas grazas á Federación Galega de Baloncesto polo galardón "O Baloncesto Educa" recibido nas Fases Finais de Minibásket e Preminibásket disputadas no Concello de A Estrada. Entregounos o galardón Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega, e José López, Alcalde de A Estrada.

Este premio recollido por Iria Otero e Sergio González, Presidenta e Director Deportivo do noso club, gratificou a deportividade e transmisión de valores dos nosos equipos tanto no terreo de xogo como nas bancadas de familiares e amig@s.

É todo un orgullo para toda a nosa entidade ser o club impulsor deste premio no baloncesto galego desde a súa creación no noso Torneo de Minibásket 2023 no pavillón de Navia.