O equipo Cadete Feminino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal Illas Cíes, proclamouse campión da Copa Premium da Delegación de Vigo da Federación Galega de Baloncesto.
A final disputouse a un único partido en pista neutral, no Colexio Apóstol, conseguindo a vitoria o noso conxunto ante o equipo do Defensores do Morrazo.
Parabéns e moitas felicidades a tódalas xogadoras do equipo e aos técnicos!