.
..
..
.(Postais finalistas do 13º Concurso de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 19/20 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo terceiro ano consecutivo a 13ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 100 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.
.
Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 100 postais que foron recibidas nesta nova edición; o xurado, formado pola Dirección Deportiva do noso club, membros da Xunta Directiva e Nuria Tombo, responsable de PapelYa!, decidiu a postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal que se fará público o próximo domingo 15 de decembro durante a Presentación Oficial da entidade.