martes, 10 de diciembre de 2019

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2019 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal unha nova Edición do Campus de Inverno 2019 "Xornadas de Tecnificación". Despois do éxito das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

.

A nova edición do Campus de Inverno 2019 se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal os próximos días 26, 27 e 28 de decembro do 2019 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.

.

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2013) ata júnior (nados no ano 2002).

.

O prezo deste campus é de 35 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e tamén das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45 euros para deportistas doutros clubs ou entidades.

.

As prazas dispoñibles para estas Xornadas de Tecnificación 2019 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 23 de decembro do 2019 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

.

Xa se pode descargar a folla de inscrición para o Campus de Inverno 2019 "Xornadas de Tecnificación" pulsando na imaxe.

.