jueves, 17 de octubre de 2019

GRAZAS Á XUNTA DE GALICIA POLO SEU APOIO E COMPROMISO COA REPARACIÓN DOS NOSOS VESTIARIOS

(Representantes da Xunta de Galicia e membros do Seis do Nadal)

..

Desde a Xunta Directiva e a Dirección Deportiva do noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecer á Xunta de Galicia e á Secretaría Xeral para o Deporte o seu apoio e o seu compromiso coa reparación dos vestiarios da pista de adestramentos e de xogo do Colexio Seis do Nadal.

 

O pasado martes día 15 de outubro do 2019 visitaron o centro educativo representantes da Xunta de Galicia para comprobar da súa primeira man o estado das obras unha vez finalizadas: D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte; D. César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra; e a Delegada en Vigo para a Xunta de Galicia, Dna. Corina Porro; entre outros.

..

MOITÍSIMAS GRAZAS!