GRUPO CDEC CONTINUARÁ NA FAMILIA DO SEIS DO NADAL - COIA APOIANDO O NOSO PROXECTO DEPORTIVO

(O equipo Sénior Masculino "B" do club nas instalacións do Grupo CdeC)

..

Grupo CdeC, empresa de servizos gráficos, continuará unha tempada más na familia do Baloncesto Seis do Nadal - Coia sendo a presente tempada 2019/20 a súa segunda campaña apoiando o noso proxecto deportivo.

 

O Sénior Masculino "B" do club, equipo participante na Liga 3ª División Masculina, levará o nome do Grupo CdeC durante a presente tempada. A pasada semana un grupo de xogadores e técnicos do conxunto, xunto a membros da Xunta Directiva, visitaron as instalacións do Grupo CdeC e puideron agradecer a Carlos Calo, Director Xeral, todo o seu apoio.