O EQUIPO DE ADULTOS PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO TORNEO DE NADAL DO VICUS CLUB BALONCESTO

(O equipo de adultos co trofeo de campións do Torneo do Vicus CB)

.

O equipo de adultos do Club Baloncesto Seis do Nadal proclamouse campión do XXIII Torneo de Nadal Memorial Fernando Vázquez organizado polo Vicus Club Baloncesto o pasado sábado día 15 de decembro do 2018 na Pista Vermella de As Travesas (Vigo).

.

O noso combinado de adultos participou neste torneo xunto aos equipos Deportes Balbi, segundo clasificado, e o equipo anfitrión Vicus Club de Baloncesto, terceiro clasificado; ambos equipos participantes da Vigo en Xogo do Concello de Vigo.

.

(O equipo de adultos antes do primeiro partido do Torneo de Nadal)