O ALEVÍN FEMININO "B" PARTICIPOU NOS ENCONTROS DEPORTIVOS DE REIS ORGANIZADOS POLEXIO APÓSTOL

(O Alevín Feminino "B" nos Encontros de Reis do Colexio Apóstol)

.

O equipo Alevín Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sandra Solano e Marta Espantoso, participou o pasado venres 4 de xaneiro do 2019 na primeira das edicións dos Encontros Deportivos de Reis organizados polo Colexio Apóstol Santiago.

.

O noso conxunto, formado integramente por xogadoras alevíns de primeiro ano, participou nestes encontros deportivos xunto aos alevíns femininos do Apóstol e do Basketgal.

.

(Os equipos de categoría alevín presentes nos Encontros do Apóstol)