martes, 27 de marzo de 2018

OS EQUIPOS ALEVÍNS DO CLUB PARTICIPARON NO 12º TORNEO DE MINIBÁSQUET DO CB BAIONA

(Os equipos alevíns do club na vila de Baiona durante o Torneo Minibásquet)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou durante o sábado 24 e o domingo 25 de marzo do 2018 na Décimo Segunda Édición do Torneo Internacional de Minibásquet 2018 do Club Baloncesto Baiona.

.

Sendo o marco de tódolos encontros o Pavillón Municipal e o Colexio Covaterreña da vila baionesa, 32 foron os conxuntos que disputaron o torneo, 16 equipos en categoría masculina e 16 combinados en categoría feminina.

 

(Os xogadores e xogadoras do club descansando entre os partidos do torneo)

 

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Abraham Vieira; o Alevín Maculino "B", adestrado por Sergio González e Brais Álvarez; e o Alevín Feminino "A", dirixido por Sandra Solano e Uxía Martínez.

 

(Nerea Fernández recollendo o premio á máxima anotadora do torneo)

 

O premio á máxima anotadora desta nova edición do torneo foi para a xogadora do equipo Alevín Feminino "A", Nerea Fernández, quen recibiu o premio das máns de Alberte Zato, Vicepresidente da Federación Galega Baloncesto.