O BENXAMÍN FEMININO PARTICIPOU NA CONVIVENCIA DE MINIBÁSQUET DO MARÍN PEIXEGALEGO

.

(O Bemxamín Feminino na Convivencia de Minibásquet en Marín)

.

O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sandra Solano e Marta Espantoso, participou o pasado luns 26 de marzo do 2018 na Convivencia de Minibásquet organizada no pavillón A Raña polo Marín Peixegalego.

.

O equipo Benxamín Feminino da entidade disputou, ao longo da xornada do pasado luns 26, partidos amigables fronte aos conxuntos do Marín Peixegalego, Estudiantes de Pontevedra e CB O Meco (O Grove).

.

(As  nosas xogadoras durante a comida no pavillón de A Raña en Marín)